"Juan seguía calle abaixo, sin responder a ninguén e sin se fixar na xente; pero cando voltaba de Verín, viña con todas as encomendas que se lle fixeran, sin esquecerse de ningunha. Juan morréu hai anos, e un fillo seu casóuse cunha prima de Manoliño.
Don Jesús, o dono da burra casi branca de vella, gozaba de moita consideración en Vilardebós. Chamábase don Jesús del Río. Tuvo un fato de fillos, e algúns deles saíronlle mintireiros. (...)
Don Jesús del Río era o secretario do Xuzgado de Vilardebós. De media estatura, máis ben alto. Grande fumador."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 125.
No hay comentarios:
Publicar un comentario