"Manoliño vivíu no Castro cinco anos. Do Castro marchóu pra Ourense; de Ourense pra Madrid; de Madrid pra Coruña; da Coruña pra Portugal, e de Portugal pra Cuba. (...)
Polas Américas anduvo Manoliño vintedous anos; e pra non ser máis nin menos que outros, nas Américas sintíuse galego por vez primeira. E matinóu en Galicia e nas súas cousas, e recordóu a súa aldeia e a súa infancia. Matinaba todos os días, recordaba todas as noites..."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 180.
No hay comentarios:
Publicar un comentario