"En xeneral, os veciños de Vilardebós son bos, agradábeles e adivertidos. Craro que tamén deu algunhos tipos un pouco ou un moito atravesados. Manoliño quere recordar eiquí a dous destes, Un chamábase Matías, e era canteiro; outro chamábase Domingo e era ferrador. (...)
Outro dos homes atravesados que había en Vilardebós era Domingo o ferrador. O ferrador era portugués e ruin. (...)
O ferrador tiña o banco de ferrar no Cruceiro, cabo da casa do cura. Alí pasaba o tempo a falar mal da xente, a mormurar dos veciños."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 127/130-131.
No hay comentarios:
Publicar un comentario