"Manoliño sinte non pubricar eiquí o sermón; pero hai cousas que non se poden dicir. O sermón foi escrito e dito en galego, e tuvo moito éisito en Vilardebós. Comeza deste xeito:
¡TREMA A TERRA, E PIDO FOLGOS AO DEMO PRA QUE TREMAN TAMÉN AS RAÍCES DA MESMA SERRA! "Cargis palis multis i administratis nulis". Verbas de San Valentín, que traducidas ao lingoaxe do pobo polo noso gramático e filósofo Benito Culetas, quérenvos dicir: Cargas e paus levaréis moitos, pero comer non comeréis nada.(...)
Esa foi a derradeira prédica que se escoitóu en Vilardebós."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 157.
No hay comentarios:
Publicar un comentario