"Manoliño non se esprica por qué o Joaquín emprega sin discernimento a técnica direita na conquista das mulleres, pois nos tempos en que o seu amigo era mozo ou ía pra mozo, os xeitos de namorar eran outros. Sin leuturas filosóficas, a mocedade de Vilardebós tamén apricaba o arre ou xo aristotélico; pero únicamente en casos de apuro, ou nas ocasións en que os limiares estaban demáis. Noutras circunstancias, non. Namoraban con estremosa cortesía, paveando con galanura, tanteando con donaire.
Era na Fonte de Abaixo onde os mozos cortexaban ás mozas, en horas do solpor."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 171.
No hay comentarios:
Publicar un comentario