"Manoliño saíu de Vilardebós cando ía pra mozo, e voltóu a Vilardebós coidando que aínda o era. Coma outros, coma todos, Manoliño vivíu enganado polo espello. Frente ao espello atopóuse sempre o mesmo; o mesmo hoxe que onte, o mesmo onte que nantronte. Foi en Vilardebós onde se decatóu dos anos que por el pasaran.(...)
Manoliño atopóu a Vilardebós un pouco máis vello e un pouco máis novo. Máis vello, polas casas que se caíran; máis novo, polas casas que se ergueran."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 183.
No hay comentarios:
Publicar un comentario