"Joaquín González ten unha biografía interesante, abundosa en historias, amores e aventuras. É fillo do señor José o Chinita, aquel home cantor, escribente e sinsombreirista, do que xa falamos; e é irmao de Manolo González, o que se atopóu co fantasma no Souto de Santa María, do que falamos tamén. Joaquín González perteñece a unha das familias máis respetábeles e máis estimadas de Vilardebós; unha familia moi dada a cousas de igresia, inda que ao Joaquín non se lle dea tanto por eso."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 161.
No hay comentarios:
Publicar un comentario