"O Juan do Correio era forte, moi serio por fora e moi chanceiro por drento. (...) Era rico en terras, e tamén en fillos. Coma era o carteiro de Vilardebós, tiña que ir a Verín todos os días, pra baixar e subir o correio. (...) Era moi rara a vez que os veciños de Vilardebós non lle fixeran quince ou vinte encomendas cando baixaba pra Verín, tanguendo o burro. Rapaces, homes e mulleres saíanlle ao alcontro a facerlle encargos, ou berrábanlle dende as ventanas:
-Juan, traime un panico.
-Juan, traime un carrete pequeno, do coarenta.
-Juan, traime un papel de barba."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 124.
No hay comentarios:
Publicar un comentario