"Sucedéu que indo unha vez pra Arzádegos sintíu no camiño certa necesidade. Acomodóuse tras dunhas xestas, e estando naquelo, os seus ollos pousáronse sin reparar nun papel que tiña dediante. Cos ollos no papel e o pensamento noutra cousa, non "vía" o que estaba ollando. (...)
Á volta de Arzádegos, non dixo nada a ninguén pra que non se enterara a súa mai. O billete estaba escorido e fatáballe un cacho nunha esquina. Pensóu si valería ou non sin aquel cibo, e foi a mostrarllo a don Emilio Romero, comerciante de Verín estabrecido e casado despóis en Vilardebós."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 145.
No hay comentarios:
Publicar un comentario