"Por aquel entón había tamén en Vilardebós un burro e unha burra de certa popularidade, pero non lle daban nin pola cintura ao Castor. O burro era do Juan do Correio, e a burra perteñecía a don Jesús. Era unha parexa xeitosa. O burro era cincento e algo pequeno, moi letrado, eso sí, porque sempre andaba cargado de periódicos, cartas e oficios, pois o seu dono, o Juan, era o carteiro de Vilardebós. A burra de don Jesús era grande, cáseque branca de vella que era. Era o recreio dos cativos de Vilardebós."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 123.
No hay comentarios:
Publicar un comentario