"A Fontiña é un lugar inespricablemente enfeitizado, como xa se dixo. Manoliño non recorda que houbera acontecido eiquí nada que vala a pena, a non ser aquel rebolazo que lle deron nas pernas cando de pequeno facía de "ladrón". Pero os fillos de Vilardebós que andan polo mundo pensan na Fontiña con melancolía. Todos se lembran dela con emoción, case con devoción, coma si fora unha fonte de áugoa bendita e na súa pucharquiña foran bautizados. Pra os que viven ausentes de Vilardebós, a Fontiña ven ser o lugar sagrado do pobo."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 148.
No hay comentarios:
Publicar un comentario