"...que para el, para Leopoldo, aquela tarde
que pasaran xuntos e sós no Carpazal, fora o día máis limpo e fermoso
da súa vida, e que actuara coa conciencia tranquila de non estar facendo
nada malo, nin sequera co sentimento de estar traizoando a
hospitalidade que lle brindara Indalecio ao invitalo a pasar aquela
semana na casa de Beiro con eles os dous, e que aquel fora tamén o día máis feliz que vivira, ao poder tela por fin entre os seus brazos, morder os seus labios, bicar os seus peitos, acariciar o seu ventre e amala con aquela paixón absoluta, como non amara nin podería amar nunca máis a ningunha muller."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 227.
No hay comentarios:
Publicar un comentario