"Na última carta, Leopoldo declinaba unha invitación de mamá, na que ela non lle debía falar deles os dous nin do desexo de encontrarse, senón de min, e el lle respondía que sería mellor deixar pasar algún tempo, facer talvez algunha visita esporádica á casa da cidade, a tomar café, por exemplo, pero non ir a Beiro pasar unha semana. Nesa carta, Leopoldo cede, non obstante, a unha petición de mamá, é dicir, que Carlos poida ir pasar o verán enteiro na casa de Beiro, e que me coñeza a min e poidamos xogar xuntos, que nos viría moi ben aos dous."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 239.
No hay comentarios:
Publicar un comentario