martes, 9 de octubre de 2018

Duen de Bux


Editorial constituída en xuño do ano 2000, con sede en Capitán Eloy nº9-1º, fundada por Alfonso Prada que estaría ao fronte até os primeiros días de xullo de 2017, cando a súa morte remataría con este interesantísimo proxecto literario ourensá.

Con edicións moi coidadas, a historia ou a arte eran eixes fundamentais na súa produción. Desde 2008 inician a súa colección literaria, baixo o nome de “La Letrería”, dirixida por José María Pérez Álvarez, “Chesi”. O seu primeiro número foi El Río de Julio López Cid.

O 26 de xuño do ano 2010 abría a súa propia librería, co mesmo nome, situada no número 5 da Praza Maior, aínda que a mediados de 2011 tería que pechar as súas portas pola crise que dominaba ao sector libreiro en particular, e a todos en xeral. Libros da editorial xunto a outros que teñan a Ourense como protagonista, tanto literariamente como en calquera outro eido, era a súa aposta.

Fotografía de Santi M. Amil (La Voz de Galicia)

O evocador nome de “Duen de Bux” é froito da dificultade que atopaba Alfonso Prada para dar de alta un nome xa que as variantes que elixía xa estaban recollidas, polo que optou por este nome no que “duen” remite a “dueño” e “Bux” a unha pronunciación exaxerada da palabra inglesa “books”.

Podes consultar unha artigo sobre a figura de Alfonso Prada no seguinte enlace de La Voz de Galicia
ou do Faro de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario