"Entón, xa máis tranquila, podendo falar aos poucos, dun xeito algo entrecortado, díxenlle que non ría só polo que el contara daquela pega de Entrimo que falaba, senón porque me viñera á cabeza unha cousa que dicía sempre a criada Delfina...
(...) Cando lle escoitei dicir que el tamén escoitara tusir os mosquitos, a min paroume a risa, pois foi como se de repente Anselmo se puxese serio e acabasen as bromas da pega que dicía "piollo" ou da pega rabilonga que falaba en Entrimo."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 97-98.
No hay comentarios:
Publicar un comentario