"Tiven o desexo, xa imposible, de que algo así nos puidese ocorrer a Carlos e a min a noite anterior, cando circulabamos por aquela mesma estrada no seu coche e entrabamos nas curvas a unha velocidade que soamente a alegría que eu sentía me impedía apreciar o perigo que supuña. Pensando naquela posibilidade, a angustia volveume estralar no medio do corazón, pensei se cando iamos xuntos no seu auto, Carlos sabería xa o que ía suceder unhas horas despois, ao meterse no cuarto de baño e pegarse un tiro na cabeza."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 90-91.
No hay comentarios:
Publicar un comentario