"Cando escoite aquela historia, por primeira vez desde que entrara naquel coche que Arturo seguía conducindo con tanta calma, por uns minutos deixei de pensar en Carlos e nos anos de Beiro, porque naqueles instantes sentín que á miña tristura se engadía tamén a tristura daqueles mozos esnaquizados no medio daquela estrada que eu percorría agora camiño da cidade. Non os coñecía de nada, mesmo non prestara moita atención á noticia cando se produciu e a criada Delfina nos dixo á hora do almorzo que aquela noite se mataran en accidente de automóbil dous mozos de Turei."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 90.
No hay comentarios:
Publicar un comentario