"Agora recordaba a Carlos rindo a gargalladas, ao comezo da viaxe, co cabelo alborotado polo vento e as gafas de so cubríndolle os ollos, cando atravesamos a Cima da Costa e vimos a unha señora tendendo unhas bragas enormes, de color negra, debaixo dunha parra. (...) Nunha das curvas daquel camiño de terra e coio, concretamente na segunda que quedaba á nosa man dereita segundo baixabamos cara á cidade, Carlos preguntoume..."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 119.
No hay comentarios:
Publicar un comentario