"Díxenlle que coñecía a Carlos desde neno, que pasabamos os veráns xuntos na casa de Beiro e que a nosa relación era tal como ela mesma vira aquela noite. (...)
Con anterioridade, unha semana antes quizais, cando eu volvía un día do Carpazal, a iso das cinco da tarde, a onde me mandara papá para que lle subise unha botella de auga da fonte da Carballeira, atopei a Carlos deitado no chan, debaixo do alpendre, coas mans postas debaixo da caluga e mirando ao ceo, como se meditase."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 128-129.
No hay comentarios:
Publicar un comentario