"Carlos preguntoulle a Anselmo se era certo que as pegas falaban e el contestou que si, que el coñecía unha, alá pola parte de Palmés, que dicía "piollo" e "cágate lorito", pero nada máis, aínda que oíra falar doutros casos, como unha pega rabilonga que tiña un cura de preto da raia, nas terras de Entrimo, e que esta podía falar coa xente como se fose persoa, por preguntas e respostas, de maneira que un lle podía preguntar cómo se atopaba de saúde, por exemplo, e ela podía responder que lle doía a barriga, verbi gracia, ou que andaba acatarrada."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 96.
No hay comentarios:
Publicar un comentario