""¿Queres posar para min durante unha hora, mentres falamos?" Carlos moveu a cabeza para os lados e mirou á miña nai, que dixo: "Carlos hoxe vai dar un paseo comigo pola beira do río". Tía Mercedes, que seguía cantaruxando polo baixo, comentou coa voz irónica que puña cando quería ser moi ruín: "Eu creo que a Carlos o que lle apetece é ir pasear pola Fontemoura".
(...) Mamá quixo cambiar de conversa e díxolle a papá sinalando co dedo cara ao río: "Mira, alá tes un motivo do natural para hoxe, Pintor da Verde Pintura"."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 133.
No hay comentarios:
Publicar un comentario