"De lonxe chegaban as voces da xente que traballaba nas terras de arredor e o tintín, rítmico e pausado, dos picos dos canteiros que labraban a pedra na canteira de Zas. De máis lonxe aínda, entrando pola conca do río, viña o balbordo rumoroso da cidade, alá abaixo, como un rezo aburrido. Acordeime do Parque de San Lázaro e das miñas amigas, coas que xogaba alí polas tardes, vixiadas sempre por Delfina, e dos recreos no patio do colexio e da madre Eulalia, que nos paraba nos corredores e nos obrigaba a mirala fixamente aos seus ollos."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011. Páx. 135.
No hay comentarios:
Publicar un comentario