miércoles, 31 de agosto de 2016

Cultura e Natura


O 11 de xaneiro de 1925, Vicente Risco publica no diario vigués “Galicia”, en norma ortográfica reintegrada, o artigo titulado “Cultura e Natura”.  



Na primeira conferencia das que compoñen o seu libro "Sadhana (The realisation of life)", o gran poeta e pensador indo Rabindranath Tagore ten un geito moi inteligente de caraiterizal-a civilización ocidental, seja europeia, ou euramericana, n-estas verbas: "O Oeste parece acharse soberbio de pensar qu' está subjugando á Natureza, coma s'estiveramos vivindo n-un mundo nemigo, onde tiveramos qu'arrincal-o que precisamos d'un estrano e mal disposto arranjo das cousas. Iste sentimento é o produto dos muros das cidades, hábito e educación da mente. Porque na vida da cidade, o home, naturalmente, dirige a luz concentrada da súa visión mental sobr'a sua propria vida e obras, e isto crea unha artificial disociación antr'il e a Natureza universal no seio da que vive".


É certo. A Europa concibe a civilización com'o trunfo do home sobr'a Natureza. Os filósofos ten estabelecido, e agora no noso tempo vólvese repetir d'abondo, a oposición: "Cultura-Natura". A filosofía foi de cote, na Europa, antropocéntrica, mais iste antropocentrismo, iste humanismo absoluto na conceición do mundo, do pensamento e da vida, acentuouna sobre todo a filosofía racionalista post-kantiana. E agora din que volve, hoje, ao dia seguinte de a cencia positiva ter mostrado ben a dependenza na que o home, ser como outros seres parte da Natureza, achase respeito da Natureza qu'o arrodeia, e qu'il mesmo leva adentro de si... Mais il arredase, alá na sua ideia da Natureza, érguese idealmente por riba d'ela e estabelece a dualidade do seu eu coma potenza, por frente o mundo d'afora, a Natureza, que considera apenas com'unha resistenza que s'opón á sua aición."


Galicia, 11 de xaneiro de 1925.

-Risco, Vicente. “Cultura e Natura”, no diario vigués “Galicia” (11/1/1925)  Extraído do blog de David Paz Nóvoa http://madialevo.blogspot.com.es/2008/04/cultura-e-natureza.html   Consultado: 20/3/2016.

martes, 30 de agosto de 2016

Tagore, en galego, en "A Nosa Terra"



Textos e poemas de R. Tagore traducidos ao galego, por Vicente Risco, en: A Nosa Terra.









 184 (1-05-1923): “O neno é así…” (Lúa Nova, 4) (esta páxina coincide coa do número 129, do 5 de outono de 1920)

Artículo de V. Risco sobre Tagore en A Nosa Terra



No nº 123 relaciona a Tagore co movemento nacionalista galego, e no segundo cita a Tagore nunha reflexión sobre a publicación dunha Historia Universal en Francia.

lunes, 29 de agosto de 2016

O Xardiñeiro, 57


AS FROLES

Eu collín as tuas froles ¡ouh mundo!

Estreiteinas contra o meu peito e as espiñas desgarráronmo.

Cando baixóu o día e rubiron as tenebras, atopei qu´a frol hachábase murcha, mais qu´aínda ficaba o dôr.
Terás aínda moitas froles ¡ouh mundo! froles recendentes e orgulosas, mais que teñen o seu aguilón como inseutos treicioneiros.

Pra mín pasóu o tempo de recoller as tuas froles; e durante a noite moura non haberá recendo de rosas no meu leito; mais o dôr terá de ficar…”

          (Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 47-48, 10 de marzo de 1918) 

domingo, 28 de agosto de 2016

A Colleita, 37



A BAIADEIRA
UGAPONTA,  discípulo de Buda, dormía deitado no polvo, ô pé das murallas de Matura.
Estintas hachábanse as luces e pechadas todal-as portas da cibdade. No turbo ceio d´estío, as nubes velaban as estrelas.

De súpeto, un pé abalóu sonoramente as suas axorcas de prata e rozou a peito de Ugaponta.

O xoven despertóu  con soborsalto e a craridade vacilante d´unha lampa firéu os seus ollos ateigados de bondade.

Adivirtéu unha baiadeira, ebria cô viño da sua xuventude, cuberta de pedreirías multicolores i-envolveita n-un manto azul pálido.

Á baiadeira aproximóu a lampa pra alumeare a faciana fermosa, mais severa, do xoven asceta.

-Perdoa, xoven anacoreta, que te despertas, -dixo a baiadeira. Dignate vir conmigo. O camiño polvorento non é leito axeitado a tí.

-¡Sigue o teu camiño, fermosa antre as fermosas!- repuso o eremita-. Iréi a buscarte cando sexa chegado o momento.

De súpeto, a noite moura amostróu os seus dentes con un lóstrego deslumeante, e a baiadeira tremóu de medo.
                                                                           -------
A hora do ano novo sonóu. O vento zoa. As poulas das álbores choran, deixando caer unha chuvia de pétalos. Primaveiral brisa mol trae moi lonxe os sóns do caramillo. Os homes corren pol-o bosque, celebrando a festa das froles.

Derriba dos teitos da cibade dormida cae dos eeios a craridade do plenilunio.

O xoven anacoreta avanta pol-o camiño deserto, escoitando as queixas amorosas d´un paxaro pousado nas poulas d´un magnóleo.

Ugaponta acércase ás portas da cibdade e detén os seus pasos.

¿Quén é a aquela muller, deitada no polvo, preto das murallas?

E a baiadeira, cuberta de chagas, atacada pol-a peste negra; botárona da cibdade.

O xoven eremita séntase á beira da baiadeira, pousa derriba dos seus xionllos a testa malada, humede con auga fresca os seus labres aburados e unxe de óleo o seu corpo.

-¿Quén eres, anxel de misericordia?- murmula laiándose a baiadeira.

-Chegou o momento de qu´eu veña a tí, i-eiquí estóu, como cho prometín.

          (Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 47-48, 10 de marzo de 1918) 

sábado, 27 de agosto de 2016

A Colleita, 12

Primeiros textos traducidos ao galego de Rabindranath Tagore. Foi publicado na revista "A Nosa Terra", no número 38, o 30 de novembro de 1917, na sección "Contos alleos", xunto ao poema "O desterro", que se corresponde co número 34 do mesmo libro, "A colleita". Aínda que non aparece citado o tradutor, trátase de Vicente Risco.



O MESTRE E AS XOYAS
Lonxe, alá abaixo, o Jumma deslízase lixeiro e trasparente; enriba frunce o ceño a combada ribeira.

As colinas, prêtas d´albres, deslavadas pol-os torrentes, agrúpanse ô redor.

Govinda, o gran mestre de Sikh, atópase lêndo as esquirturas sentado n´un cón.

Raghunath, seu discípolo, orguloso das suas riquezas, chégase a il, saúda-o reverente, e dille:
-“Tráioche un sinxelo e homilde persente, indiño de ti.” E isto falando, amostróulle unha parexa de pulseiras d´ouro, recamadas de pedras prezosas.

O mestre tomóu unha, e fixo-a xirar con rapidez n´un dos seus dedos. Os diamantes espallaban reflexos deslumeantes.

De contado, despredéuse a pulseira do dedo, e rolando foi pol-a orela, até caer na auga.
-“¡Ai!”- berrou Raghunath-, e d´un pulo arroxóuse â corrente.

O mestre reanudóu a sua leitura, e a auga en mentras, retuvo e acochóu a xoya, e siguéu seu camino.

Xa o día chegaba ô seu termo cando Raghunath retornóu â presenza do mestre sin folgos e pingando.

-“Si me dís onde caéu, tempo é ainda de recuperal-a”- escramóu xadeante.

O mestre colléu a outra pulseira e troxándo-a ô río, sentenzóu: “Alí.”

   (Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 38,  30 de novembro de 1917) 

viernes, 26 de agosto de 2016

Ainda unha Historia Universal




“ (…) Dannos esa ilusión, e ademais fannos concebila civilización com´unha loita antr´o home e a natureza como si o home non formara parte da natureza. Velehí un dos coiceitos mais dañosos antr´os qu´intosican a mente oucidental. Rabindranath Tagore faino notar moi agudamente n-unha das suas conferencias recollidas no libro Sadhána, n-unhas verbas qu´eu glosei hai tempo en A Aguia do Porto. Co iste conceito, o home esquece qu´en canto ten corpo – e seu corpo nada pode faguer no mundo- é unha besta antr´as outras bestas de Deus – a Humanidade esquece que é unha especie zoológica – sométese a unha vida artificial qu´acaba por dar c oíl, na degeneración orgánica e mais na incapacidade de continual-a civilización, na incapacidade de progresar –da que temos diante dos ollos os pirmeiros síntomas. Pois ben, esta idea falsa da oposición cultura-natura, alenta a cotío na obra que dirigíu Henri Berr. (…)”
Ourense-Nadal 1924

          (Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 208, 1 de xaneiro de 1925)