jueves, 21 de agosto de 2014

-Suso, corre

"Á mañá do outro día, cando ía pra a escola, vin ao lonxe outros rapaces que andaban na escola do Novelle armando á pándiga, ollando algo que tiñan no meio.
 O Evencio da dulcería, chamoume non ben me albioscou.
 -Suso, corre.
Non corrín pro apertei o paso.
(...)
Era moi de mañá, ninguén de perto nin de lonxe, eu no meio da rúa, todo fechado, eu non sabendo como lle valer. O irmán do Peste berroume, denantes de volver a esquina:
 -¡Métea nas Recollidas!
 Dun repente a Tula coneceume e púxose a ouvear pra min, querendo brincar pra min arrastrando ao can que pegou un tirón."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 109, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario