"A miña irmá Evanxelina cando a botaran das Carmelitas de balde, facía pouco máis de un ano, fórase pra a escola da Remedios do Bordas que as adeprendía millor i en menos tempo tamén apuntouse na Juventud Socialista, apontouse de por si sin lle decir nada a ninguén, e meu pai dixo que si.
E un día as rapazas da Juventud, que eran unha ducia, foron cos rapaces, elas con chambras vermellas e iles con panos vermellos ao pescozo, ao enterro do Lino o caixista, segredario da Juventud, que morrera dunha gallopante, vinte anos, probe, que todos choraban;
e saíron no El Eco del Calvario, que era o xornal dos comerciantes (que tamén fora o Orfeón a botarlle o responso, que os compuña nunha nadiña o mestre Trégolas, con ensaio e todo, unha noite;
(...)
Pois El Eco del Calvario foi e puxo un "suelto" que decía: "jóvenes meretrices, sin Dios ni patria, vestidas con el color de Satán", que, como se aclarou entre a xente, meretrices era chamarlles putas en francés."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 122-123, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario