"que se puxeran tan peneques que algunhas xa non conquerían manterse firmes nin podían coutar a risa oa vérense eisí unhas ás outras, e mandábanme moi seguido a velar na rúa por si viñan meus pais, e unha vez fun até a rúa do Instituto a ver si viñan de lonxe, e non viñan;
e cando voltei, eí estaban esbacalloadas, non chan a mor parte delas, algunhas en parexa coas outras xogando aos noivos, a María do Narizán cos peitos ao áer e a Doloriñas cos peitos ao áer e a saia erguida; dábanse bicos, mortas de risa;"
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 120, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario