domingo, 17 de agosto de 2014

Despois de ocupármonos

"-Non provoques, Subela, que xa sei por onde vas...
 -A miña muller ponse un irrigador de auga fría despois de ocupármonos. Recomendoullo o Barada vai para dez anos, e quedamos os dous fillos. Sábeno moitas, pro, naturalmente, é millor quedarse ao quente na cama, raio de porcas, sin erguérense nin pra se lavar, que eisí anda iste país, que todo ten que saír do miragre...
 -¡Non provoques, fedello, non provoques!
 -Boeno, coño, á miña muller xa lle poden poñer a bomba do rego do Aiuntamento con toda a auga do canal de Castadón.
 -O que pasa é que ti eres un mioca e non dás pra máis."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 103, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario