viernes, 15 de agosto de 2014

O langrán

"A Tula da señora Severa, importante, forte e livián máis que ningún diles, plis, plas, plis, plas, índose ao lonxe con breves olladas de esguello aos seguidores. Atrás, xa moi esparexidos, derreados, os cadelos parábanse axexantes, como pensando si seguiren ou non. O langrán ficou na bocarrúa da Porta da Aira tumbado de barriga, esfinxe perdigueira, coas longas orellas coasi arrastro, os ollos húmidos, a imensa língoa fóra...
  Cando atope ao Aser da Severa heille decir que ten unha cadela moi chula".

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 100, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario