miércoles, 6 de agosto de 2014

Pamemas de cregos

"que o meu pai, e mais o Elixio e mais o Mosquera decían que non eran miragres sinón pamemas dos cregos pra lle papar os cartos á xente que viña á novena e á romaxe de setembro).

(Mais a min somellábame que era millor acreditar niles, i eu acreditaba porque tamén podían ser certos; e que podía ser certo que houbese miragres no noso pobo, que outros máis pequenos os tiñan, como ser Santa Mariña de Augas Santas, que lles cortaran a cabeza que pegou tres chimpos, fala que te fala, facía dous mil anos).

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 79, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario