"Eu boteime a chorar, axoenllado na rúa, collido ao pescozo da Tuliña, que me lambía a cara, os ollos, os beizos...
e saíu da porta dun pallabarro, da rúa da Libertade, unha mulleiriña de negro, moi branca e vedraña, cunha xerra cheia de auga, e apreixoulle a cabeza ao can entre as canelas, e díxome que non a soltase, i emprincipiou a botar, pouco a pouco, a auga e foi por máis, e os cans non se moveron..."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 110, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario