“Quero ser como os
demáis. Xa es como os demais, es coma todos. Pero coma eles. Quero ser un home.
E ao día seguinte, ao recoller a roupa seca da trandeira, proba a camisa do
Antón e mais os calzóns do Xosé e sente que aquilo que lle comezou medrar na
entreperna se atopa moito máis libre se está dentro deses lenzos. E séntese
tamén traizoada por Narda, que non lle contou que ás veces o sangue non é fiel a
quen o desexa e tampouco lle contou que entre os pelos da pube, agochado entre
as coxas, ía medrarlle un pequenísimo rabo que ela odiaba e afastaba ao pensar
que a achegaba ao propio demo. Ata que viu os seus irmáns postos en ringleira
contra o valo a mexar.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario