miércoles, 22 de enero de 2020

Moira

“Moira observa como a lúa perde, paseniño, a súa redondez. Os seus cabelos compiten en brancura cos do satélite. Sabe que, cando ela xa non estea, o luar seguirá alumando o paso das lobas, mais descoñece quen lle cantará aos lobos cando deixe de existir. Sabe que hai outras. Recoñéceas polas súas verbas, pola súa presenza. Polo seu ollar capaz de derrubar calquera presa por moi inmensa que semelle a súa presenza. Recoñéceas por seren quen de unir as mandas, mais descoñece quen será a seguinte peeira.”

Andrea Barreira Freije. “O canto da Peeira”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 49.

No hay comentarios:

Publicar un comentario