Ata o ano 1853 na
que unha Real Orde establece as condicións para obter pasaportes para marchar
do país, a única posibilidade de abandonar unha Galicia atrasada e chea de fame
era vía unha emigración clandestina desde certos portos, como Santander ou
Ferrol. Todo apunta a que Romasanta non tivo tempo de chegar a Santander coas
súas acompañantes e retornar a Rebordechao tan pronto, por iso, pode ser que a
opción que tomasen fora a de Ferrol, ou que Romasanta fose un simple “enganche”
que as puña en contacto con algunha especie de rede de axentes, que ao servizo
de armadores e navieiras, buscaban captar xente por lugares atrasados.
viernes, 24 de enero de 2020
Diagnóstico: a terceira vía, nin lobo nin criminal
José Domínguez
barallou a posibilidade de que Romasanta no fose realmente responsable das
mortes, senón tan só das desaparicións. Xa que o feito de non terse atopado
ningún cadáver nin ter existido ningunha testemuña dalgún dos asasinatos abren
unha nova vía, xa que non deixa de ser unha hipótese a consideración de Manuel
Blanco Romasanta como asasino; el propón a posibilidade de que só se tratase de
desaparicións clandestinas na que colaborou, e cando chegou o momento de dar
explicacións, optou por unha estratexia na que o considerasen tolo antes de ser
condenado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario