“Esta historia é
certa. Certos e reais son os personaxes que a poboan, certos son tamén os
feitos; mesmo non poucas das palabras que se rexistran ó longo desta incerta
historia foron realmente pronunciadas. Non hai ficción en todo canto eiquí se
conta. Manuel Blanco Romasanta existiu, existiron tamén Bárbara García e mailas
súas irmás, e realmente houbo un don Vicente María Feixoo-Montenegro e Arias.
Tamén un Pedro Cid, un avogado Rúa Figueroa e un Mr Phillips que practicou a
electrobioloxía, e non sei cantos sabios, moitos, abondos en todo caso, que
acreditaron as súas teorías, logo de contempla-los experimentos cos que adoito
as ilustraba. E existiron tamén tantas outras personaxes máis como as que eiquí
desfilaron ó fío dos feitos.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario