lunes, 13 de enero de 2020

Diagnóstico sexual (I)


Xosé Ramón Mariño Ferro no seu libro do ano 2007 presenta unha información nova e sorprendente e que influirá na visión que a partir dese momento se ten da personaxe, xerando textos literarios e producións visuais cun novo enfoque. Mariño Ferro descobre que na partida de nacemento de Romasanta existente no libro de bautizados da parroquia de Santa Olaia de Esgos (da que por certo existen dúas versións, xa que os datos dos últimos bautizados do libro repítense nun novo libro aberto a principios do século XIX). Alí aparece baixo o nome de “Manuela”. Aos quince anos, na folla de confirmación, aparece xa co nome masculino. Descartado un posible erro e outras opcións que explica o autor no seu libro, a hipótese que defende é a seguinte: unha alteración sexual grave coñecida como hermafroditismo. Individuos ambiguos  que non desenvolven correctamente a diferenciación sexual cando aínda son embrións. Os xenitais nos neonatos presentan un aspecto tan ambiguo que non sorprende puideran ser rexistrados como homes ou como mulleres. Na puberdade poden evolucionar de xeito imprevisible. Todo parece apuntar que a nena Manuela foi adquirindo, co tempo, carácteres masculinos.

O seu comportamento, excesivamene  efeminado para a época, e o seu corpo con marcados trazos femininos (pequena estatura, modais amaneirados) xustificaríanse por esta razón. Tamén podemos recordar que no cárcere vestirá muradana e cubrirá a cabeza cun pano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario