sábado, 25 de enero de 2020

Diagnóstico: outras opcións


Roberto Bustillo, seguindo a José Domínguez, indaga na posibilidade de novas explicacións. Dúas dúbidas o levan a continuar buscando hipóteses: ¿por que todos os asasinados pertencen a dúas familias? ¿por que se toma ese descanso de tres anos sen actividade criminal? Calquera das explicacións máis lóxicas presentan obxeccións para dar resposta a estas preguntas. Francisco Pérez Abellán nega a posibilidade do móbil económico e violento: os delincuentes que habitualmente matan para roubar son persoas especialmente violentas. Mataba e roubaba, pero nin estaba tolo nin mataba para roubar.

A hipótese de Bustillo fala dunha primeira morte, a nena Petra, producida de xeito fortuíto ou doloso, debido a un posible episodio de violencia doméstica puntual ou a un máis probable episodio de arrebato sexual que remata con agresión e morte. E a partir de aí unha especie do “bóla de neve” que o levan a ir matando familiares nun intento de non ser descuberto. O segundo período de crimes podería iniciarse por avaricia ou necesidade económica, esta vez si, e despois novamente procedería nun intento de ocultar esa morte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario