Hipnotismo ou Electro-bioloxía
O Dr. ou Mr.
Philips que intervén no caso de Romasanta refírese ao médico francés
Joseph-Pierre Durand de Gros. Desde Arxelia coñecerá pola prensa internacional
o caso do home-lobo galego, non dubidando en poñerse en contacto coas
autoridades españolas para poder intervir no caso, xa que cría coñecer os
motivos da actuación de Romasanta. Era un defensor do “hipnotismo”, máis
coñecido daquela como “electro-bioloxía”, tan de moda na segunda década do
século XIX. Mr. Philips afirmaba que Manuel Blanco padecía a monomanía coñecida
como licantropía, non sendo responsable dos seus actos, xa que o seu
comportamento era froito dunha desorde das funcións do seu cerebro. Trátase
dunha especie de estado mórbido, que só se produce espontaneamente en raras
ocasións, pero que pode ser inducida, ou sexa provocada polo proceso hipnótico
ou electro-biolóxico.
Finalmente Mr. Philips
non chegará a vir a España a estudar a Romasanta, e aínda que a súa
intervención será moi valorada, especialmente como evidencia do atraso que a
ciencia española vive, desbotarase a súa teoría que imaxina a Manuel Blanco
transformado en lobo asasino mediante a hipnose.
No hay comentarios:
Publicar un comentario