Esta nena
convertida en pouco tempo nun mozo con barba puido vivir un drama terrible,
sentíndose sempre unha muller no corpo dun home. As burlas, os conflitos e todo
un drama de identidade sexual naquel século XIX puido ir xerando en Manuela
Romasanta unha crise interna que talvez atópase a súa saída nos asasinatos de
mulleres e nenas, aquelas coas que máis se identificaba pero sexualidade a que
ela vírase obrigada a renunciar.
Fernando Serrulla
afondará nesta hipótese, e en novembro de 2012 dará a coñecer a súa teoría nas
II Xornadas Romasanta. Fala de “pseudohermafroditismo feminino”: tiña sexo
feminino pero segregaba unha cantidade desmesurada de hormonas masculinas polo
que sufría un proceso de virilización. Estas persoas debido aos andróxenos podían
presentar episodios de forte agresividade, que eran perfectamente compatibles
co seu carácter predominante de persoa encantadora e cariñosa.
Esta patoloxía, causada por un déficit de xeración de cortisol na glándula suprarrenal, provoca un
exceso de hormonas sexuais masculinas. Estas persoas nacen con aparencia de nena, con xenitais
externos de aspecto feminino, pero a partir dos oito anos, comezan a virilizar.
Non lles medra o peito, empézalles a saír pelo por todo o corpo e transfórmase
a voz, apuntaba Serrulla. Con todo, cre que é complicado facer un diagnóstico
claro do que era Romasanta e cal era o seu trastorno, xa que non
hai ningún resto biolóxico que se poida analizar para confirmalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario