martes, 21 de enero de 2020

Por vieiros diferentes

“O meu corpo e a miña alma sempre camiñaron por vieiros diferentes, pai ­–confesoume con bágoas nos ollos-. Desde que era novo, desde que teño memoria. Esta carne que habito empeñouse en coller forma de home mentres que o meu espírito cantaba e voaba coas delicadas ás dunha muller. E, malia que non é escusa para o que axudei a facer, foi unha batalla constante ao longo dos anos, unha loita que enturbou o meu corazón.”

Xosé Duncan. “A carta do lobo de fume”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 64.

No hay comentarios:

Publicar un comentario