viernes, 31 de enero de 2020

Prego de cordel (II)


Hay algunos que asi cuentan,
que todas las maldiciones
son como las procesiones,
que de donde salen entran;
no es verdadera tal cuenta,
pues en Galicia se ha hallado
hoy el caso mas pesado,
maldiciendo un padre á un hijo,
y se ha visto claro y fijo
que en lobo se ha transformado.

Ya voy á satisfacer
de estos hechos horrorosos,
que en treinta años penosos
Manuel Blanco vino á hacer;
tiempo en que vino á traer
consigo esta maldicion,
dicho en su declaracion
que delante de su madre
le ha maldecido su padre
sin tenerle compasion.

jueves, 30 de enero de 2020

Prego de cordel (I)


Oigan de esta maldicion
que un padre á un hijo le ha echado
que en lobo se ha transformado,
sin tenerle compasión.
Ved esta causa marchar,
este crímen sin segundo,
que horroriza á todo el mundo,
venid padres á escuchar.
la humanidad va á manchar,
esta triste confesion,
sin usar de compasion,
un padre desenfrenado
á su hijo ha señalado,
oigan de esta maldicion.

Cuando trece años tenia
Manuel Blanco Romasanta,
una maldicion por manta
sobre este infeliz venia,
do el sudor de la agonía;
la maldicion que le ha echado,
el Señor que le ha escuchado
la peticion que decia,
luego se la concedia,
que un padre á un hijo le ha echado.

miércoles, 29 de enero de 2020

1853: Prego de cordel

“Romance Histórico el que manifiesta los horrorosos crímenes cometidos en Galicia por Manuel Blanco Romasanta, de edad 43 años, Vecino de Regueiro, Partido de Allariz, transformándose en lobo por una maldición que su padre le había echado, comiéndose las personas que mataba, como á sido descubierto y el juez de dicho partido le ha aplicado la pena de muerte en el mes de junio de 1853”; publicado en Madrid, localizado na colección de Francisco Mendoza Díaz-Maroto: “Panorama de la literatura de Cordel española”, páx. 142 (Olleros&Ramos Editores, 2000).

 Dado a coñecer en 2007 polos irmáns Castro Vicente (Revistas Hibris e Lethes). É propiedade dun tal Eugenio Bahamontes e está feito na imprenta de José María Marés, na rúa Relatores-17 de Madrid. Consta de catro páxinas e presenta un gravado cun lobo e unha vítima súa nas aforas dunha aldea.






martes, 28 de enero de 2020

Libros que dañaron su alma

“Pero el Cura estaba resuelto a echarse encima una supuesta culpa para librar de ella al pequeño procesado, y continuó:

-Es que yo puse en sus manos libros que dañaron su alma; no advertí que estragaba su genio natural y que fomentaba su afición a soñar con cosas imposibles. ¡Cate usted que quería embarcarse y correr aventuras llevando de mentor a Benito Freire!...

-¡Pues buena compañía se buscaba! ¿Y qué lecturas fueron esas?-inquirió el magistrado.

-Que yo recuerde ahora, las Metamorfosis de Ovidio y aquel pasaje del Satiricón donde un soldado se convierte en lobo. El muchacho disfrutaba con estas ficciones de los gentiles, y yo, por amor de las humanidades y por hacer un bien a aquel espíritu que pedía salir de su tosquedad, consentí en darle pasto con lecturas que ahora veo que resultaron perniciosas.”

Martínez-Barbeito, Carlos. El bosque de Ancines.  Ayma editor de Barcelona, 1947. pág. 173.
(Estas palabras se refieren al niño Minguiños, no a Benito Freire)

lunes, 27 de enero de 2020

Sintaura Romasanta

 Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. Páxs. 223+CD

domingo, 26 de enero de 2020

Espresa que

“y por su misma confesión todo aparece perfectamente calculado para el logro de sus fines; en términos que hablando de la muerte de la Josefa García y de su hijo, espresa “que se vió obligado á matarles en el compromiso de verse espuesto á que fuesen descubiertos sus crímenes”.

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 58 da Reseña.

sábado, 25 de enero de 2020

Diagnóstico: outras opcións


Roberto Bustillo, seguindo a José Domínguez, indaga na posibilidade de novas explicacións. Dúas dúbidas o levan a continuar buscando hipóteses: ¿por que todos os asasinados pertencen a dúas familias? ¿por que se toma ese descanso de tres anos sen actividade criminal? Calquera das explicacións máis lóxicas presentan obxeccións para dar resposta a estas preguntas. Francisco Pérez Abellán nega a posibilidade do móbil económico e violento: os delincuentes que habitualmente matan para roubar son persoas especialmente violentas. Mataba e roubaba, pero nin estaba tolo nin mataba para roubar.

A hipótese de Bustillo fala dunha primeira morte, a nena Petra, producida de xeito fortuíto ou doloso, debido a un posible episodio de violencia doméstica puntual ou a un máis probable episodio de arrebato sexual que remata con agresión e morte. E a partir de aí unha especie do “bóla de neve” que o levan a ir matando familiares nun intento de non ser descuberto. O segundo período de crimes podería iniciarse por avaricia ou necesidade económica, esta vez si, e despois novamente procedería nun intento de ocultar esa morte.

viernes, 24 de enero de 2020

Diagnóstico: a terceira vía, nin lobo nin criminal

José Domínguez barallou a posibilidade de que Romasanta no fose realmente responsable das mortes, senón tan só das desaparicións. Xa que o feito de non terse atopado ningún cadáver nin ter existido ningunha testemuña dalgún dos asasinatos abren unha nova vía, xa que non deixa de ser unha hipótese a consideración de Manuel Blanco Romasanta como asasino; el propón a posibilidade de que só se tratase de desaparicións clandestinas na que colaborou, e cando chegou o momento de dar explicacións, optou por unha estratexia na que o considerasen tolo antes de ser condenado.

Ata o ano 1853 na que unha Real Orde establece as condicións para obter pasaportes para marchar do país, a única posibilidade de abandonar unha Galicia atrasada e chea de fame era vía unha emigración clandestina desde certos portos, como Santander ou Ferrol. Todo apunta a que Romasanta non tivo tempo de chegar a Santander coas súas acompañantes e retornar a Rebordechao tan pronto, por iso, pode ser que a opción que tomasen fora a de Ferrol, ou que Romasanta fose un simple “enganche” que as puña en contacto con algunha especie de rede de axentes, que ao servizo de armadores e navieiras, buscaban captar xente por lugares atrasados.

jueves, 23 de enero de 2020

Diagnóstico alucinógeno


Luís Manuel García Mañá propón unha nova posibilidade para explicar o comportamento de Romasanta. Partindo do contexto socio-cultural da época no que arredor das lareiras nos fríos invernos galegos escoitaríanse múltiples historias de defuntos, diaños e lobos, o que irían calando no subconsciente das xentes, García Mañá detense nos extremadamente húmidos e fríos invernos de mediados do século XIX, nos que choveu en exceso, o que non permitiría que madurase suficientemente o gran de centeo, base da alimentación da época. Os anos 1840, 1852 e 1854 foron especialmente famélicos. Debido as condicións climatolóxicas as espigas crecían cheas duns fungos parasitos (“claviceps purpúrea”, en castelán “cornezuelo”, e en galego “cornizó”, aínda que tamén se refiren a el como “caruncho” ou “dentón”). Como a fame era moita, en múltiples ocasións non se retiraba este fungo do centeo, moendo todo xunto, o que facía que saíse unha fariña contaminada, que intoxicaba a múltiples persoas, este mal era coñecido como “lume de san antón”, “lume ardente” ou “ergotismo”. Podía producir inflamacións gangrenosas ou ben de tipo convulsivo, que presentaban delirios, perturbacións sensoriais ou alucinacións. Este segundo caso ven producido por unha substancia, principios activos e alcaloides, coñecida como “ergotamina” que será o compoñente principal da droga que no século XX se coñeceu como LSD-25 (ácido lisérxico dietilamida), que producía a mutación das percepcións e a produción de distintas fases de terror e pracer. Documenta García Mañá como no ano 1856 estas intoxicacións eran tan frecuentes que o Gobernador Civil de Ourense advirte no Boletín Oficial da Provincia (nº114, 20 de setembro) dos perigos de consumir este gran con fungo, indicando a necesidade de limpalo ben antes de consumilo.

Por iso, o defensor desta teoría, baralla a posibilidade de que Romasanta sufrise a contaminación da ergotamina o que activaría o seu subconsciente atraído polos lobos e faría que nunha alucinación absoluta estivese convencido da súa transformación real nunha fera atacando as súas vítimas.

A súa teoría foi presentada nas primeiras Xornadas sobre Romasanta celebradas a finais de outubro de 2012 en Allariz, e posteriormente recollidas no libro de José Domínguez e Roberto Bustillo: Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) 2012, páxs. 181-184.

miércoles, 22 de enero de 2020

Moira

“Moira observa como a lúa perde, paseniño, a súa redondez. Os seus cabelos compiten en brancura cos do satélite. Sabe que, cando ela xa non estea, o luar seguirá alumando o paso das lobas, mais descoñece quen lle cantará aos lobos cando deixe de existir. Sabe que hai outras. Recoñéceas polas súas verbas, pola súa presenza. Polo seu ollar capaz de derrubar calquera presa por moi inmensa que semelle a súa presenza. Recoñéceas por seren quen de unir as mandas, mais descoñece quen será a seguinte peeira.”

Andrea Barreira Freije. “O canto da Peeira”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 49.

martes, 21 de enero de 2020

Por vieiros diferentes

“O meu corpo e a miña alma sempre camiñaron por vieiros diferentes, pai ­–confesoume con bágoas nos ollos-. Desde que era novo, desde que teño memoria. Esta carne que habito empeñouse en coller forma de home mentres que o meu espírito cantaba e voaba coas delicadas ás dunha muller. E, malia que non é escusa para o que axudei a facer, foi unha batalla constante ao longo dos anos, unha loita que enturbou o meu corazón.”

Xosé Duncan. “A carta do lobo de fume”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 64.

lunes, 20 de enero de 2020

Nunca más lobeo

“... pero Fedellaperna se apoderó otra vez de la palabra y los demás acallaron, por oírle, los deseos de hablar:

-De otra “fada” sé, pero ésta cayó sobre una moza por mandado de su padre; tuvo un pronto al verla comer tanta carne de cerdo como comía y la puso de fiera y de loba. Al instante la cuitada escapó al monte y se juntó con las bestias  feroces. No es que siempre fuera loba –aclaró-, sino por veces capitana de los lobos, y su voluntad se le cambiaba: unos días estaba en vena de matar y echaba a sus lobos sobre la gente; mas otros días acordaba los tiempos que era criatura humana y arrepentíase y sujetaba a las fieras para que no hicieran mal. (...)

-Y habéis de saber que un día quiso entrar en un molino, hallándose en figura de loba, y al meter la pata por debajo de la puerta fué el molinero y se la cortó con un hacha y entonces ella dióse a gritar y tornó a ser mujer y estaba manca; volvió a su casa y desde entonces nunca más lobeó.”

Martínez-Barbeito, Carlos. El bosque de Ancines.  Ayma editor de Barcelona, 1947. pág. 126-127.

domingo, 19 de enero de 2020

Unha muller contra unha besta

“Nela abriu as pernas e mirou. Ela non vía nada distinto, todo en si mesma estaba igual do que estivera sempre, pero en comparación non era como Narda. Pero tampouco era como o Xosé ou o Antón. Pensou en se cadaquén sería só igual a si mesmo. E asumiu que ela era Manuela e tamén Manuel e con grande desgusto do papá comezou a vestir como os irmáns e cortou o cabelo, comezoulle a medrar a barba pechada e castaña e soubo que sería home por fóra a partir dese momento aínda que no de dentro pelexase unha muller contra unha besta.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 26

sábado, 18 de enero de 2020

Quero ser un home

“Quero ser como os demáis. Xa es como os demais, es coma todos. Pero coma eles. Quero ser un home. E ao día seguinte, ao recoller a roupa seca da trandeira, proba a camisa do Antón e mais os calzóns do Xosé e sente que aquilo que lle comezou medrar na entreperna se atopa moito máis libre se está dentro deses lenzos. E séntese tamén traizoada por Narda, que non lle contou que ás veces o sangue non é fiel a quen o desexa e tampouco lle contou que entre os pelos da pube, agochado entre as coxas, ía medrarlle un pequenísimo rabo que ela odiaba e afastaba ao pensar que a achegaba ao propio demo. Ata que viu os seus irmáns postos en ringleira contra o valo a mexar.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 25

viernes, 17 de enero de 2020

Aquel sangue desexado

“Pero chegaron os catorce anos e aquel sangue desexado aínda non lle chegara.

 Hai rapazas que tardan máis en ser mulleres, dicía a mamá falando coa avoa. Pero esta nena está a encherse de pelo e nin medra nin lle medran os peitos nin ten mostra de ir ser muller en breves. Dígoche que está fadada, sempre cho dixen.

 E Nela, que cada vez camiña máis na compaña dos seus irmáns e até comeza a imitarlles o movemento, o fumar co cigarro agochado na cuncha da man, o cuspir no piso, o xuramento pronto para saír dentro de cada frase.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 24

jueves, 16 de enero de 2020

E só quedou o home

“Esa noite había luar. Cada raio iluminaba cada un dos seus medos. Tiven que erguerme, non podía dar unha volta máis nesa cama. Achegueime ao espello pois podía ouvir como chamaba por min. Alí estaba Manuel, ou era Manuela? Cos seus ollos mornos observándome, cos seus cabelos longos acariñando os meus ombros. Mirábame con dozura, con tanto agarimo que se tornaba pesar. Odieina, odieina por ser ela, por ser eu. E canto máis a odiaba máis torcía os seus beizos nun xesto de conmiseración.

 Agarrei as tesoiras da costura e achegueinas á gorxa. Case puiden sentir un reflexo de sorpresa nas súas tenras meniñas, mais axiña se converteu nun ollar de desdén, de reto. Tiña que matala.
 Acheguei as tesoiras ao cabelo e comecei a cortalo, case a arrincalo.

 Ela mirábame con tal xenreira que crin que sairía do vidro e me devoraría. Pero eu tiña que ser máis forte. (...) “Non pode fuxir de min”, semellaba dicir. Fora unha pelexa dura entre bestas salvaxes. Cun berro afogado arrinquei o cabelo que restaba e só quedou o home. Ante min só estaba Manuel.”

Andrea Barreira Freije. “O canto da Peeira”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 33-35

miércoles, 15 de enero de 2020

Si a riola

“Si a riola fora de sete mulleres, a derradeira ten que ser ou bruxa ou peeira dos lobos.”
Risco, Vicente. Un caso de lycantropía, Manuel Blanco Romasanta. 1929.

martes, 14 de enero de 2020

Diagnóstico sexual (II)


Esta nena convertida en pouco tempo nun mozo con barba puido vivir un drama terrible, sentíndose sempre unha muller no corpo dun home. As burlas, os conflitos e todo un drama de identidade sexual naquel século XIX puido ir xerando en Manuela Romasanta unha crise interna que talvez atópase a súa saída nos asasinatos de mulleres e nenas, aquelas coas que máis se identificaba pero sexualidade a que ela vírase obrigada a renunciar.

Fernando Serrulla afondará nesta hipótese, e en novembro de 2012 dará a coñecer a súa teoría nas II Xornadas Romasanta. Fala de “pseudohermafroditismo feminino”: tiña sexo feminino pero segregaba unha cantidade desmesurada de hormonas masculinas polo que sufría un proceso de virilización. Estas persoas debido aos andróxenos podían presentar episodios de forte agresividade, que eran perfectamente compatibles co seu carácter predominante de persoa encantadora e cariñosa.

Esta patoloxía, causada por un déficit de xeración de cortisol na glándula suprarrenal, provoca un exceso de hormonas sexuais masculinas. Estas persoas nacen con aparencia de nena, con xenitais externos de aspecto feminino, pero a partir dos oito anos, comezan a virilizar. Non lles medra o peito, empézalles a saír pelo por todo o corpo e transfórmase a voz, apuntaba Serrulla. Con todo, cre que é complicado facer un diagnóstico claro do que era Romasanta e cal era o seu trastorno, xa que non hai ningún resto biolóxico que se poida analizar para confirmalo.

lunes, 13 de enero de 2020

Diagnóstico sexual (I)


Xosé Ramón Mariño Ferro no seu libro do ano 2007 presenta unha información nova e sorprendente e que influirá na visión que a partir dese momento se ten da personaxe, xerando textos literarios e producións visuais cun novo enfoque. Mariño Ferro descobre que na partida de nacemento de Romasanta existente no libro de bautizados da parroquia de Santa Olaia de Esgos (da que por certo existen dúas versións, xa que os datos dos últimos bautizados do libro repítense nun novo libro aberto a principios do século XIX). Alí aparece baixo o nome de “Manuela”. Aos quince anos, na folla de confirmación, aparece xa co nome masculino. Descartado un posible erro e outras opcións que explica o autor no seu libro, a hipótese que defende é a seguinte: unha alteración sexual grave coñecida como hermafroditismo. Individuos ambiguos  que non desenvolven correctamente a diferenciación sexual cando aínda son embrións. Os xenitais nos neonatos presentan un aspecto tan ambiguo que non sorprende puideran ser rexistrados como homes ou como mulleres. Na puberdade poden evolucionar de xeito imprevisible. Todo parece apuntar que a nena Manuela foi adquirindo, co tempo, carácteres masculinos.

O seu comportamento, excesivamene  efeminado para a época, e o seu corpo con marcados trazos femininos (pequena estatura, modais amaneirados) xustificaríanse por esta razón. Tamén podemos recordar que no cárcere vestirá muradana e cubrirá a cabeza cun pano.

domingo, 12 de enero de 2020

Talvez

“Não percebeu se era uma pergunta se uma afirmaçao e, por isso, não respondeu, manteve-se imóvel dentro do seu círculo mágico. Desenhou apenas um pequeno arquejar nas sobrancelhas e voltou a concentrar-se no seu mundo. Um mundo cheio de sonhos, um mundo repleto de grandes vórtices, circulares e concêntricos, cheio de gente que o vigiava e que o apontava. Um inferno sexual comprimido que fez Freud remexer-se na tumba e concluir que Dante não conseguiu criar pior! Talvez a tivesse confundido com mais uma das vozes que nele habitam, que vivem confundidas com outras vozes do mundo exterior. Talvez as vozes interiores e externas sejam inseparáveis. Talvez a morte para ele tenha outro significado. Talvez... As vozes, as vozes, sempre as vozes do seu mundo, as vozes dos pássaros, as vozes do seu inferno... talvez tivesse sido uma das vozes inscritas nas linhas da palma da mão, pensa.”

Antonio Sá Gué . “A enxovia de Romasanta”en Contos do Sacaúntos. Romasanta, o reo. Dr. Alveiros / Urco editora. 2017. páx.113

sábado, 11 de enero de 2020

Uno de tales

“Pues bien, uno de tales inventores de una variante particular, fue J.P. Philips, que editó en Francia “Electro-dinamismo vital, o las fisiológicas del espíritu y de la materia”, y en 1860 el “Curso teórico y práctico del braidismo o hipnotismo nervioso”. Su “electro-dinamismo” tenía por objeto, como la “electro-biología” de Grimes, proporcionar una explicación racional de los efectos magnéticos descansada en una serie de hipótesis difíciles de admitir.”

 Eduardo Pérez Hervada no seu libro “El hombre-lobo” (Ed Celta, 1973, páx. 47)

viernes, 10 de enero de 2020

De donde resulta


““de donde resulta, Excmo. Sr., que el crimen por el que Blanco acaba de ser condenado á muerte, podia ser muy bien la consecuencia fatal de un estado mórbido del que las personas mas honradas serian ellas mismas pasibles (...) ofreciéndome al mismo tiempo á presentarme á espensas mias ante V.E. ó cualesquiera otras personas que se sirviera designar para reproducir esperiencias, cuyo resultado seria demostrar de un modo irrefragable, la posibilidad de que Blanco no sea de ninguna manera responsable de sus asesinatos y evitar así una muerte que seria un error lamentable de la justicia y un duelo mas para la humanidad.” 

Carta de Mr. Philips. A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 79-80 da Reseña.

jueves, 9 de enero de 2020

Diagnóstico psiquiátrico (IV): Hipnotismo.


Hipnotismo ou Electro-bioloxía

O Dr. ou Mr. Philips que intervén no caso de Romasanta refírese ao médico francés Joseph-Pierre Durand de Gros. Desde Arxelia coñecerá pola prensa internacional o caso do home-lobo galego, non dubidando en poñerse en contacto coas autoridades españolas para poder intervir no caso, xa que cría coñecer os motivos da actuación de Romasanta. Era un defensor do “hipnotismo”, máis coñecido daquela como “electro-bioloxía”, tan de moda na segunda década do século XIX. Mr. Philips afirmaba que Manuel Blanco padecía a monomanía coñecida como licantropía, non sendo responsable dos seus actos, xa que o seu comportamento era froito dunha desorde das funcións do seu cerebro. Trátase dunha especie de estado mórbido, que só se produce espontaneamente en raras ocasións, pero que pode ser inducida, ou sexa provocada polo proceso hipnótico ou electro-biolóxico.

Finalmente Mr. Philips non chegará a vir a España a estudar a Romasanta, e aínda que a súa intervención será moi valorada, especialmente como evidencia do atraso que a ciencia española vive, desbotarase a súa teoría que imaxina a Manuel Blanco transformado en lobo asasino mediante a hipnose.

miércoles, 8 de enero de 2020

Diagnóstico psiquiátrico (III): licantropía.


Tal e como explica o Padre Feijoo o termo “licantropía” procede do grego antigo  lykánthropos(λυκάνθρωπος): λύκος, lýkos (‘lobo’) + άνθρωπος, ánthrōpos (‘home’). O termo explica a transformación dun home en lobo, seguindo as crenzas populares ou mitolóxicas. En psiquiatría fálase de “licantropía clínica” para aludir ao trastorno mental na que o enfermo cre ser un lobo e compórtase como tal.

Esta “licantropía clínica” (chamada por Pérez Hervada “manía lupina”) podería ser a que padecía Manuel Blanco Romasanta.

En Galicia a licantropía coñécese popularmente como “lobishome”. Nos últimos tempos Laia Abril popularizou a palabra “lobismuller” a partir do seu libro fotográfico homónimo.

martes, 7 de enero de 2020

Lycanthropia

“45. Si en efecto tenía ya perdido el juicio, cuando formó la resolución de vivir en el agua, me imagino, que su locura era de aquella especie, que los Griegos llamaron, y hoy llaman también los Latinos Lycanthropia, que consiste en una especial lesión de la imaginativa, por la cual, los que la padecen, se juzgan convertidos en alguna especie de brutos. La voz Lycanthropia primariamente se instituyó para significar aquella especial perturbación del juicio, por la cual los hombres se imaginan convertidos en Lobos, por ser ésta la más frecuente; y compónese de las dos voces Griegas, Lycos, y Anthropos, la primera, que significa Lobo, y la segunda Hombre; pero después se hizo como genérica la voz, para significar la imaginada mutación en cualquiera especie bruta. Los que padecen tan extraña demencia, en todo procuran imitar las acciones, y modo de vivir de aquellos brutos, en cuya especie su juzgan comprehendidos. Los que se imaginan Lobos, se retiran a los montes, persiguen los ganados, matan las reses, y las comen crudas. Los que se creen Perros (cuya pasión es llamada Cynanthropia) ladran como ellos, se ponen a las puertas de las casas, se tiran con ansia a los huesos, &c. Digo que razonablemente se puede conjeturar, que si nuestro hombre estaba loco, cuando se determinó a la vida acuátil, padecía esta especie de dolencia; esto es, que imaginándose pez, se resolvió a vivir como tal. [296] No me acuerdo en qué Autor leí de uno que se imaginaba anguila.”

Benito Jerónimo Feijoo. Teatro Crítico Universal. Tomo sexto. Discurso octavo: X.45.

lunes, 6 de enero de 2020

Diagnóstico psiquiátrico (II)


A día de hoxe non é fácil diagnosticar a Manuel Blanco Romasanta xa que daquela non se realizou un análise pormenorizado por parte de especialistas na materia.  Algunhas teorías actuais, como a de Simón Lorda e Flórez Méndez apuntan a un trastorno da personalidade, de carácter antisocial, que implica un desprezo e violación dos dereitos dos demais, iniciado na infancia ou na adolescencia e continuado xa de adulto. Falariamos, polo tanto, dunha psicopatía con trastorno social e afectivo.
O informe dos facultativos de Allariz e os datos extraídos da Causa concordan coa definición de psicópata (aínda que as súas conclusións sexan outras, como acabamos de ver no texto da Causa): cambio frecuente de traballo, guiado pola razón pero non pola bondade, un homicida calculador, un hipócrita que finxe ser bo e moi relixioso, a ausencia de medo e remordementos...

Romasanta tamén entra no perfil de psicópata criminal, un asasino en serie, que inofensivo en aparencia promete un atractivo traballo as vítimas, ás que mata friamente, sen ningún sentimento de culpa e sen inmutarse no proceso xudicial. Encaixaría, deste xeito, na etiqueta de asasino sedutor.
Polo que se refire á suposta transformación en lobo podería tratarse dunha esquizofrenia, dun trastorno de identidade disociativo (antes chamado personalidade múltiple); aínda que non se teña claro se realmente cría transformase en lobo cando asasinaba, ou unicamente empregou esta estrataxema para xustificar os seus crimes e así tratar de saír indemne do xuízo, o que se coñece como trastorno facticio ou de simulación.

domingo, 5 de enero de 2020

Su metamórfosis un sarcasmo

“Que pues no presenta su organismo ni señales anemnésticas, ni causas ni motivos actuales capaces de dar origen á perturbaciones violentas de la inteligencia: que las inclinaciones que de su conformidad pueden inferirse, no son suficientes á explicar la tal licantropia, ni los actos á que inducen son coactivos é invencibles, declaran que Manuel Blanco obra con libre alvedrío, conocimiento y fin moral, que su ladeo al vicio es voluntario y no forzoso. (...) Manuel Blanco calcula medios, mide y combina tiempos, modos y circunstancias; no mata sin motivo, ni acomete sin oportunidad; conociendo que hace mal se oculta, seduce para robar: mata para ocultar, reza para seducir: conoce el deber y la virtud para desoirlos; luego de su conformacion, de sus actos, de su historia, de sus disculpas mismas se evidencia que el Manuel Blanco no es loco, ni imbécil, ni monomaniaco, ni lo fué, ni lo logrará ser mientras esté preso, y por el contrario de los datos referidos resulta que es un perverso, consumado criminal, capaz de todo, frio y sereno, sin bondad y con alvedrío, libertad y conocimiento: el objeto moral que se propone es el interés: su confesion esplícita fué efecto de la sorpresa, creyéndolo todo descubierto: su esculpacion es un subterfugio gastado é impertinente: los actos de piedad una añagaza sacrílega: su hado impulsivo una blasfemia: su metamórfosis un sarcasmo.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 41-42 da Reseña.

sábado, 4 de enero de 2020

Diagnóstico psiquiátrico (I)


Eduardo Pérez Hervada no seu libro “El hombre-lobo” (Ed. Celta, 1973, páx. 46) di o seguinte de Romasanta: “Merced a los datos proporcionados, no podría incluirse el acusado entre los psicóticos, pero sí en el grupo de los psicópatas. Le llamaríamos un psicópata criminal y sanguinario, falto de conciencia, perverso, en una palabra, desalmado según la taxonomía de Kurt Schneider y Kraepelin.”

Os facultativos que asinaron o informe médico de Romasanta naquela época, tres licenciados e dous cirurxiáns, atribuían a enfermidade mental aos excesos das facultades intelectuais, que residen no cerebro, e das paixóns, que nacen das vísceras. Proceden a realizarlle unha cranioescopia, posteriormente chamada frenoloxía: o estudo da superficie exterior do cranio para coñecer e determinar as facultades intelectuais, a personalidade e o carácter.

viernes, 3 de enero de 2020

Um rei em cada um de nós. E um escravo!

-Tu não és do nosso mundo, Romasanta!

-Não é mellor o teu, Esmeraldinha...

-É que não há lobos no vale, Romasanta.

-Não haverá? Os lobos, com fome, matam e fazem sangrar por fora. São piores os homens. Por deleite, fazem sangrar por dentro! Melhor será viver longe! Ser livre! E ter tudo... e ser rei de nada...

-Então, és rei? Da serra, dos montes, da floresta... Isso também eu...

-Há um rei em cada um de nós. E um escravo!”

Carlos Carvalheira, “O ermitao do paraíso” en Contos do Sacaúntos. Romasanta, o reo. Dr. Alveiros / Urco editora. 2017. páx.22

jueves, 2 de enero de 2020

Existiron

“Esta historia é certa. Certos e reais son os personaxes que a poboan, certos son tamén os feitos; mesmo non poucas das palabras que se rexistran ó longo desta incerta historia foron realmente pronunciadas. Non hai ficción en todo canto eiquí se conta. Manuel Blanco Romasanta existiu, existiron tamén Bárbara García e mailas súas irmás, e realmente houbo un don Vicente María Feixoo-Montenegro e Arias. Tamén un Pedro Cid, un avogado Rúa Figueroa e un Mr Phillips que practicou a electrobioloxía, e non sei cantos sabios, moitos, abondos en todo caso, que acreditaron as súas teorías, logo de contempla-los experimentos cos que adoito as ilustraba. E existiron tamén tantas outras personaxes máis como as que eiquí desfilaron ó fío dos feitos.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 9. No “Prólogo Necesario”.

miércoles, 1 de enero de 2020

Diagnóstico xudicial (II)


Repasemos brevemente algúns detalles do proceso xudicial:

·         Romasanta declárase culpable de xeito espontáneo, sen ningún tipo de coacción ou tortura. Isto, nin daquela, nin agora, é motivo suficiente para acusar a ninguén. Nas distintas declaracións que realiza coinciden os feitos esenciais. Ademais dá sempre bastantes detalles. Só manifesta algunha imprecisión como a orixe dos seus compañeiros lobos de andanzas, ás veces eran de Castela, outras valencianos.
·         O fiscal Luciano de La Bastida atopa elementos comúns entre todas as vítimas polo que o leva a ter claro o motivo dos crimes, como antes mencionamos: membros de dúas familias; pobres, sen estudos; mulleres solteiras ou divorciadas; venden o pouco que teñen a Romasanta, sen quedar claro que cobrasen; ofrécelles un futuro mellor; inclúe aos fillos para que non puideran estrañar aos seus proxenitores.