"Á mañá seguinte acudín ó xulgado a declarar. Enfronte do Pazo de Xustiza, todo arredor da estatua de Concepción Arenal, congregárase unha multitude de curiosos. Trouxeron os detidos no furgón e, ó que se apeou, o Cimprón encarouse coa xente e chomoulles cantas hai. Pateou ós fotógrafos e ordenou:
-Maripi, pasa para dentro."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.74
No hay comentarios:
Publicar un comentario