jueves, 16 de junio de 2016

Ventar a víbora

"Un paisano precisa dunha alarma para, por exemplo, ventar a víbora que se enrosca no tapón dun tanque de rega. Na cidade, eses instintos consérvanos os policías e ladróns, as ratas e demais criaturas espantadizas. (...)

  -Dixeches que a gardabas ti, e agora vésme con que non sabes onde a metiches.

  -Entaleina nun furado da parede, don Edelmiro, e tapeino cunha pedra. ¿Quen puido dar con ela, se non me viu ninguén? Nin que fora o demo.

  -O demo arrenégase, pero se dá con ela o policía, facémola boa. Chégate ó posto e manda vir os gardas. A ver se me levan a Ourense e falo co bispo. Hai que correlo de aquí como sexa."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.100-101

No hay comentarios:

Publicar un comentario