" A súa muller, miraba para don Edelmiro, endereitándolle cos ollos chorosos unha súplica. O crego gababa a experiencia dos louqueiros e rezaba. Tiven que agarrar o Vitiño para que non se colgase das pernas do pai, facendo máis dolorosa a partida.
-O pobre púxose mal da chencha. Uns días en Toén e volve san coma un virote."
Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.97
No hay comentarios:
Publicar un comentario