"Funme sen lle dicir quen era. De todos modos habíase saber. O recado axiña andaría pola aldea. Un policía sempre se fai notar, levanta ó pasar murmurios e faladurías. Ademais, o Castro da Pavana non tivera un visitante tan ilustre dende a última incursión do Sacaúntos. Tampouco quixen arruinar a sensación de amorío casual, entre dous descoñecidos. Soñei moitas veces con meadas así. Por exemplo nos trens, onde viaxan mulleres que parecen dispostas a calquera aventura. Despois resulta que, na liteira, nin sequera sacan os zapatos para que non te embales mirándolles os xoanetes.
(...) Total, catro cadelas dos petos das esmolas e unha cruz de grande valor histórico, a única preciosidade que gardaba a parroquial do Castro."
(...) Total, catro cadelas dos petos das esmolas e unha cruz de grande valor histórico, a única preciosidade que gardaba a parroquial do Castro."
Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.95
No hay comentarios:
Publicar un comentario