"Ao longo dos séculos XVI e XVII celebráronse ao longo de toda España diferentes certames literarios que contaron, en ocasións, coa asistencia dos mellores escritores do momento: Lope de Vega, Góngora... Xa anotamos que, diante de semellante circunstancia, apenas temos noticia dunha certa vida intelectural en Galiza. En todo caso, coñecemos que Santiago de Compostela chegou a organizar festas literarias -alén das de 1697- en 1662 e, xa no setecentos, en 1713; da súa parte, Ourense contemplou unha celebración semellante por volta de 1713. Infelizmente, non conservamos nin o nome dos autores nin, moito menos, os textos presentados nos mencionados sucesos e/ou noutros que se puidesen conformar."
Ramón Pena, Xosé. Historia da literatura galega I (Das orixes a
1853), ed. Xerais, Vigo, 2013, páx. 382
No hay comentarios:
Publicar un comentario