"Ó que lle botei en cara o atraco e falei de testemuñas que os viran fuxir na moto, confesou de plano. Asegundeille co atentado contra min no camiño do río e, nese punto, cargoulle a culpa ó seu socio. Este soubera pola prensa que eu andaba cheirando no asunto do Aquilino, e quixera matar o can e a rabia. Chorou ó explicar o aforcamento do licoreiro. (...)
Nese momento escoitei abrir a porta da rúa e unha voz feminina falando coa señora Amparo. (...)
-Eses galopíns queren comprometerme. A culpa é miña por acollelos nesta casa. Cando foi o do atraco eu ía na praza, e a noite en que morreu o Aquilino estiven aquí soa, vendo unha película."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.72-73
No hay comentarios:
Publicar un comentario