domingo, 19 de junio de 2016

Gafando todos os acios

" Desabotei a camisa e chimpei a cruz enriba da mesa. O vicario mirouna con curiosidade, sen deixar de picar nas uvas. Non comía un cangallo, non, peteiraba no fruteiro gafando todos os acios.

  -Chegou tarde, señor abade. Aquí o vicario, se non lle é molestia, devolerá esa xoia á Igrexa. Tamén me fará o favor de avisar ó cuartelillo, para que veñan levantar o cadáver do pozo. De paso poden apuntarse o tanto de entregar os asasinos en Ourense.

  O crego cambiou de trincheira nun dicir amén. Destapou a botella de guindas e alongoume unha copa. Servicial coma un limpiabotas."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.109-110

No hay comentarios:

Publicar un comentario