jueves, 9 de junio de 2016

Un coitelo de debaixo da gabardina

"  -(...) Ó que pronunciei unhas palabras torpes, que querían ser tranquilizadoras, respondeume xustificando o incidente con argumentos pouco amables para o Castro da Pavana.

  -Neste lugar imos acabar todos tolos. O ano pasado tivemos a desgracia dun veciño que quixo matar ó bispo. Baixou a Ourense e, na mesma catedral, quitou un coitelo de debaixo da gabardina. Ripáronllo, gracias a Deus, senón facía unha morte. (...)

  -¿Para onde marchou teu pai?

  -Ha de estar no Castiñeiro do Monte. Cando se incomoda vaise para alí."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.85

No hay comentarios:

Publicar un comentario