viernes, 10 de junio de 2016

Vida sentimental de gata

"Baldreu, canoia, pelico e de aí para riba. Do pouco que puiden oír, abouxado polos foguetes e o  rebumbio xeral, saquei en limpo que a insultada tiña unha vida sentimental de gata, que levantaba un amante debaixo de cada tella. Vestía unha bata de pano basto, levemente recachada por atrás, pero dun longo máis que decente. Sen embargo, fíxome pensar nunha película de destape. Acometía coas tetas e movía as cadeiras con salero, sen privarse tampouco de sazonar as falas con picante. Era a Polaca, a Terremoto e Ira de Fürstemberg, todo o elenco polo mesmo prezo. Do seu discurso encabuxado, desprendíase que a ama do cura se deixaba comer o caldo por calquera que arrimar se arrimase.

  -¡¿Que escándalo é este?! Un respecto para a casa do Señor."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.89

No hay comentarios:

Publicar un comentario