lunes, 20 de junio de 2016

A cisma

" A primeira cousa, ó chegar a Ourense, foi unha visita á perrera. Ensináronme unha camada de cans esfameados. Eran barrigas inchadas sobre unhas pernas tortas, que a penas os sotiñan en pé. Apañei o cachorro máis agudo, aquel que se distraía mordendo ós irmáns, en lugar de laiarse pola sequía das tetas maternas. Despois merquei nunha confiteiría un surtido de pasteis e subín a Toén. Expliqueime cos doutores e, sobre todo, co sancristán. Tiven que repetirlle a historia dúas veces, para quitarlle da cabeza a cisma."

Bieito Iglesias, "A cruz de prata" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.111

No hay comentarios:

Publicar un comentario